facebook + icloud = divorcio

Ultimamente non paro de oír casos que, máis aló do que me sorprenden por avances tecnolóxicos, fano polo que implican de cambio social, especialmente no ámbito das parellas…

O outro día faláronme dunha moza que descubriu a infidelidade da súa parella porque pescudou onde estaba este (a quen non lle cría a súa versión de que ía a un congreso a Madrid) a través da aplicación de xeolocalización do seu móbil smartphone (lembrades que estudamos esta opción nas clases, no tema de Comunicación e Ondas?). En efecto, estaba nunha leira non moi lonxana do seu piso, e non só…

Outro amigo meu contoume que estaba tan apenado porque a súa muller non quixese recoñecer a súa infidelidade, que decidiu deixala e, para non fraquear en tal momento, quebrou a seguridade do iCloud da rapaza e pendurou do facebook algunha das fotos íntimas que esta tiña nese non tan íntimo espazo virtual dos novos iPhone.

Están seguros os nosos datos na nube?” é un interesante artigo do Eroski que vos recomendo ler. Estamos nós seguros inmersos na rede de wifis e telefonías móbiles? é unha cuestión que me plantexo decote…


Que vén despois do protocolo de Kioto?

Novamente, os nosos reporteiros informan. Brillantes traballos de Esteban, Brais, Nuria, Vicky, Laura Triñanes, Cristina e Alexanra e Laura García.

Quédome co de Maitane por breve, claro e conciso, o que se require sempre para unha entrada de blog. Non deixedes de ver estoutro, da revista Sin Permiso, redactado polo xornalista Alejandro Nadal.

Mapa sobre o protocolo de Kioto en 2009:

Paises co protocolo firmado e ratificado

Paises co protocolo firmado e sen ratificar

Países neutrais

Como saberedes, o protocolo de Kioto, unha exitosa lexislación destinada a loitar contra o cambio climático reducindo ao menos as emisións de gases de efecto invernadeiro (CO2,CH4,N2O, HCF, PCF e FS6) nun mínimo do 5% respecto ás dos anos 90, deixa de estar vixente en 2012; e…. que ven despois?

Pois Europa na reunión que se celebra durante 13 días en Durban propuxo prolongar no tempo a vixencia de dito protocolo (concretamente ata 2020) e, a pesar de ter o apoio de 80 países entre os que se contan Sudáfrica e Brasil, non se pode dicir o mesmo de Xapón, Rusia e Canadá posto que non participarán nese proxecto e de China, Estados Unidos e India que aínda non se pronunciaron respecto da súa posición no tema.

É obvio que este proceso de renovación do protocolo non pode ir adiante sen eses países así que lles pregamos a súa axuda para que a temperatura da Terra non suba máis de 2ºC nos próximos anos; pois seguro que todos queremos que os nosos descendentes coñezan a Terra como un fogar limpo e habitable e non como o sitio inhóspito e contaminado no que se podería convertir en pouco tempo se non controlamos a contaminación que día tras día botamos á atmosfera. A Terra deúnolo todo, devolvámosllo deixando de destruíla.

World, hold on

Videoclip da canción World, hold on, de Bob Sinclar, que oiredes a miúdo por aí nas noites de guerra 😉   Recoméndanolo Sara Tubío polo videoclip, de estilo visual moi “tecnólogo”. Non vos deixedes enganar polo final: hai outros mundos máis alá…  

Cachaficción Nadal 2011

Como vós non fixestes ningunha recomendación de lecturas nin vídeo, vou empezar eu! E fágoo recomendándovos encarecidamente os comics Aldebarán e Betelgeuse, colección de Leo (debuxante brasileiro afincado en Francia), que fala da vida duns terrícolas en planetas moi lonxanos nun futuro próximo.

Podedes atopar ambos volumes na Biblioteca a partir da semana que vén.

E despídome cun vídeo duns simpatiquísimos músicos ingleses que se autodefinen como “música de debuxos animados, policíaca e ciencia ficción que supoñemos se podía facer nos anos 50”. Chámanse The Snorkelling London Team, e o vídeo que vos penduro aquí pode ser interesante de cara ós proxectos que me presentades en Tecno.