Steve Jobs, visionario das comunicacións

Trala morte do pai de Apple, o alumnado fixo uns artigos sobre a súa vida, ente os cales se poden destacar o de Natalia e o de Lois Pimentel de 3º A; Serxio e Rubén Gómez de 4º A e Fran Ageitos, Laura García e Laura Triñanes de 4º C.

Déixovos aquí o de Maitane, un magnífico exemplo de reportaxe, pois aporta moito da súa man!

Steve Jobs

Nacido o 24 de febreiro de 1955 e morto o 5 de Outubro do 2011 dun cancro de fígado, Steve foi un gran xenio na informática, participando na fundación das empresa Apple e Disney. Estivo traballando en Apple dende que se fundou en Abril do 1976 ata o 1985 por mor de que el e o director executivo John Scully non se levaban moi ben. Posteriormente, Jobs volve a Apple, xusto no peor momento da empresa pero enseguida volve a levala polo bo camiño tras ser nomeado director interino en 1997. Unha das cousas máis polémicas logo de volver a Apple foi firmar un acordo con Microsoft para que os ordendores Apple tiveran Microsoft Office.

Co seu software RenderMan fíxose enteiramenter a película gañadora dun óscar: Toy Story da empresa Walt Disney-Pixar.

Foi o creador de numerosos sistemas operativos e tamén presentou o primeiro ordenador con interface gráfica de usuario o Macintosh 128K. Dese ordenador ven o nome do sistema operativo que de tódolos ordenadores Macintosh o Mac OS distribuido para o gran público, con interface gráfica de usuario que incluía o rato, ventás, iconas e menús.

Todos estes logros son produto da súa filosofía “Se queres, podes”. Outras frases célebres súas foron “Tede o valor de seguir o voso corazón e a vosa intuición” e “Que o ruído das opinións non afogue a vosa voz interior”.

O último invento de Steve, presentado vinte e catro horas antes da súa morte, é o “Siri” que está no novo iPhone 4S. Siri  comprende as preguntas que lle fas. Por exemplo, se lle dis ¿Como está o tráfico aquí? el atopa a túa posición GPS e dicho! É moi eficaz pois axúdache cos mensaxes, chamadas, correos, organizador, a tomar notas, facer cálculos, obter información turística, etc. só tes que pedirllo! Unha auténtica revolución nos teléfonos móviles! Polo seu gran traballo, bótaremolo de menos.

Breve historia de Apple

O ente público galego

Eis un vídeo onde o artista Carlos Blanco explica a importancia que tén para a cultura dun país conservar un medio audiovisual propio; tamén fala das eivas que tivo nestes anos a TVG, algo do que andamos a falar agora coas exposicións sobre Medios de Comunicación en 4º.

(Non vos podo insertar directamente o vídeo, que estes días non vai ben o servidor de Blogaliza…)

Carlos Blanco coa Galega


 

 

Consellos para contrasinais seguros

Estamos traballando en Informáticas as redes, e sobre seguridade nas mesmas, Maitane proponnos esto:

Á hora de escoller un contrasinal debemos buscar, principalmente, dúas cousas: que sexa fácil de recordar e, ao mesmo tempo difícil de “romper” cos programas de forza bruta especializados que proban contraseñas por orde ata que dan coa correcta.

Para iso debemos seguir unhas sinxelas pautas:

1. Buscar sempre contrasinais com oito caracteres ou máis

2. Nunca usar só números ou só letras

3. Misturar minúsculas, maiúsculas, números e caracteres. Algo tipo ->  Exemplo%56$84Proba  Se probades este contrasinal no password meter dará un 100% de puntuación

4. Non usar a mesmo contrasinal para todo

5. Gardar as claves nun documento seguro

(6. Crear un contrasinal aleatorio pero isto é desaconsellable porque soen ser moi difíciles de recordar)

Podedes medir a forza dos vosos contrasinais en Passwordmeter

Saída extraescolar en 3º da ESO: AIMEN

Hoxe atopei unha nova referida precisamente á visita que estamos a organizar: o Centro Tecnolóxico AIMEN, ubicado no polígono industrial de Porriño, Pontevedra, cuxa actividade laboral se desplega desde o 1967 e se basea no fomento e execución de actividades de I+D+I para desenvolver tecnoloxías emerxentes, propiciando a innovación das empresas coas que colabora.

A nova da que vos falo é o anuncio da creación dun sistema láser para recuperar placas solares descatalogadas de fábrica. A industria fotovoltaica xenera gran cantidade de células de baixa eficiencia, debido ao seu complexo proceso de fabricación. Arrededor dun 8% das pezas solares fabricadas son defectuosas, e o mercado non contaba, ata agora, cunha solución efectiva para a reutilización destos desfeitos. O proxecto liderado por AIMEN, (sistema REPTILE) permitirá a produción de pezas fotovoltaicas de características melloradas e xeometría personalizada, para ser utilizadas en solucións de integración arquitectónica de todo tipo (edificios, infraestructuras, señalización, etc.), a un coste moi competitivo.

Alí iremos a ver como desenvolven este tipo de proxectos!!

Gañamos o Exxpopress!!

Parabéns ás gañadoras, Sara, Loreto e Ángela, de 3ºA!!!

Aquí tedes a nova na Voz de Galicia, onde se fala doutros traballos que partiron deste centro (os elaborados no marco do proxecto Ciconi@, e que veñen de levar unha mención no OUFF Escola 2011); outros vídeos eran: