Concurso comarcal escolar Barbanza 2061

O Club Exxpopress convocou este ano as bases do concurso comarcal escolar Barbanza 2061, concurso no que nos invitan a imaxinar o mundo no 2061 e plasmalo nunh pequena produción audiovisual de non máis de 3 minutos.

Aproveitando que en 3º estamos a estudar o tecido empresarial en Galicia, decidimos botarlle imaxinación e ver cómo serán os oficios no ano 2061. Na pestana de 3º da ESO, na páxina do Insti ou no site do Cachatronic podes ver todos os traballos que se presentaron!

Estudo dos sistemas de recollida e xestión de lixo

Fonte: eroski.com

O noso país ocupa a sexta posición no ranking europeo de países que máis residuos urbanos xeneran. Para afrontar esta situación, as administracións elaboraron unha serie de normas, de acordo coas cales o Ministerio de Medio Ambiente se propón reciclar, para o ano que vén, o 80% do vidro, o 75% de papel e cartón, ademáis do 50% dos plásticos, entre outros obxectivos.

Para tratar de comprobar si esas porcentaxes se compren, ou ó menos se aspira a cumprilos, EROSKI CONSUMER estudiou os sistemas de recollida e xestión deos residuos urbanos de 18 cidades españolas: A Coruña, Alicante, Barcelona, Bilbao, Granada, Logroño, Madrid, Murcia, Málaga, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza.

Recoméndovos que leades o contido do artigo e extraiades as vosas propias conclusións, que podedes anotar na libreta e amosarme antes da 1ª avaliación.