Comezamos o curso á velocidade da luz…

…que ata agora se pensaba era a máxima velociade alcanzable no universo. Pero o venres, o mundo acordou coa nova de que un tipo de neutrinos pode superar esa velocidade, e iso, futuros enxeñeiros, sería unha revolución no mundo da ciencia.

Apenas cinco meses despois de visitarmos o CERN, o laboratorio de Física Nuclear que sustenta a Unión Europea, anunciouse este conmocionante suceso, cuxa xenuinidade haberá que verificar nos próximos meses. Déixovos aquí unha foto da prensa: na primeira liña, moi atenta, está Teresa Fonseca, a moza que nos amosou en persoa o experimento Atlas: