O salto definitivo ás renovables no 2050

Hoxe podedes ler no País a nova sobre a folla de ruta da ONU para dar o salto ás renovables.

Sol, vento, auga e biomasa. Esas serán, según Nacións Unidas, as principais fontes de enerxía no mundo en 2050, de acordo co Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC). Coas políticas adecuadas poderían cubrir o 77% de la demanda, pois o potencial dalgunhas, como a solar, é ilimitado. O obxectivo marca a folla de ruta dosector enerxético mundial.

As fontes renovables cubriron o 12,9% da demanda global de enerxía en 2008, según a ONU. A biomasa foi a máis importante (10,2%), seguida pola hidráulica (2,3%), a eólica (0,2%), xeotérmica e solar (0,1%). O carbón, o petróleo e o gas natural representan o 85%, e son responsables do 60% das emisións de gases de efecto invernadoiro.

O informe, redactado antes da crisis nuclear en Xapón, foi presentado ontea en Abu Dabi. Os incentivos públicos, o alto prezo dos combustibles fósiles e o desenvolvemento tecnolóxico aceleran a introdución das renovables. Pero a ONU estima que só se utiliza o 2,5% do seu potencial, o que amosa a marxe de desenvolvemento que tén por diante.

As fontes de enerxía limpa, sinala o panel, representaron a metade dos 300 xigavatios de capacidade nova creada entre 2008 e 2009. E o relevante é que a metade instalosue en países en vías de desenvolvemento. O resto levouno o carbón. Un incremento que será “sostido”, sobre todo entre 2030 e 2050, aínda que a súa rapidez dependerá dun importante cambio estructural.

Según 164 posibilidades analizadas por 120 expertos, o salto ás renovables permitirá un aforro nas emisións de dióxido de carbono de entre 220.000 millones e 560.000 millones de toneladas ata 2050.

Para isto requerirase de moita inversión. A ONU calcula que na próxima década deberán mobilizarse ata 5,1 billóns de dólares (3,5 billóns de euros) en enerxías limpas para que poida multiplicarse por 20 o subministro. E outros 5 billóns de euros entre 2021 e 2030.

España chega a este debate nunha posición destacada polo peso no seu sistema da enerxía renovable. En abril, según datos do observatorio enerxético de WWF, as renovables aportaron un 52% da xeneración eléctrica nacional, repartido entre eólica (16%), hidráulica (15,4%), solar, biomasa, coxeneración e minihidráulica. A enerxía nuclear aportou un 22% e as térmicas de carbón, outro 12%.

Centrais térmicas e o fin da era atómica

Comezamos en 3º co estudo das centrais térmicas, un tema hoxe moi de moda trala catástrofe nuclear de Fukushima. Recentemente a canceler alemana, Angela Merkel, anunciou o peche para o 2012 das centrais nucleares alemanas, así como unha forte inversión en enerxías alternativas.

Pero, queres saber algo máis sobre centrais térmicas? consulta a presentación de Laura, Siso, Ale Galbán e Gonzalo, de 3º C.