Citizen completo, un xeito diferente de aprender

Fumos ver Citizen á sala Nasa, a última obra de Chévere, o xoves 24 de marzo.

Nas dúas primeiras partes vimos teatro do bo, contemporáneo, con formato novedoso para nós pero sen esquecer os contidos, que no noso caso nos veñen moi ben para o tema de Produción Empresarial de 4º da ESO.
Na terceira parte houbo un debate que talvez nos fixo pensar algo nesas grandes cuestións éticas da actualidade: os beneficios e as perdas que conleva a golbalización dos mercados, a inxustiza dun sistema de produción que non respecta ao obreiro, que somentes busca gañancias para uns cantos. A obviedade cada vez menos obvia de que vivimos por enriba das nosas posibilidades para… lucir máis guapos. Simplemente para lucir.

Seredes vós, cidadáns do futuro, quen de modificar o actual sistema de produción e racionalizar os mercados, de engadir cabeza e corazón a este gran mostro con só estómago que é o neoliberalismo?? Sei que algo faredes. Porque algo xa o estades facendo 😀

Centrais nucleares de Fukushima

Nova de El País: “El mayor fayo de Fukushima es Fukushima”.

“Los cientos de expertos nucleares que durante años han teorizado sobre la energía atómica minimizaron algo que era una obviedad: que en la costa japonesa, además de terremotos, puede haber tsunamis. Solo así se explica la construcción de seis reactores semienterrados por debajo del nivel del mar. Ese ha sido, según los ingenieros nucleares consultados, el gran fallo de Fukushima. Eso, sin entrar en la conveniencia o no de usar la energía nuclear.”

Lei Sinde, por Vicky, 3º C

¿Que é a lei Sinde?
A ley Sinde é o nome que recibe, informalmente, a lei de economía sostible. Foi proposta en maio de 2009.
A ley Sinde consiste nunha serie de cambios que afectan a:

  • A Lei de Servizos da Sociedade da Información.
  • A Lei da Propiedade Intelectual.
  • Lei Reguladora da xurisdicción Contencioso-Administrativa, (céntrase na proteción da propiedade intelectual e no ámbito da sociedade da información e do comercio electrónico)

O obexectivo desta lei é que unha serie de persoas teñan o dereito ao peche de páxinas web se ven que están vulnerando os dereitos da propiedade intelectual. Antes de poder pechala, as persoas encargadas do cerre teñen que ter unha autorización previa dos Xuzgados Centrales do Contencioso Administrativo.

¿Como funciona a Lei Sinde?

Para que a Comisión da Propiedade Intelectual actúe, debe recibir unha denuncia e eles poderán decidir se hai falta; cando hai falta, hai dúas vías a recorrer:

  1. O responsable que publicou os contidos sen ter dereitos de autor ten 48 horas para que retire o contido. No caso de non retirarse ocurre o seguinte:
    1. Prazo de 2 días para que se presenten as probas do lado de quen demanda e do lado de quen é demandado, que se nega a retirar o contido.
    2. Prazo de 5 días para presentar as conclusións das probas introducidas polas partes.
    3. A Comisión da Propiedade Intelectual ten un prazo de 3 días para decidir a resolución.
  2. Tal resolución preséntase novamente a un xuíz quen a autoriza ou non.

Nota: os usuarios que baixen información, documentos… da páxina denunciada non terán ningún problema, solo o autor da páxina.

¿A quen lle afecta a lei?
-Ás páxinas de enlaces do tipo Series Yonkis, Películas Yonkis, Cine Tube e Vagos, entre outras moitas. Cualquera blogueiro individual que non teña publicidade no seu blog está fora do ámbito de aplicación desta norma.

-¿É a lei Sinde efectiva ou os usuarios poderán seguir baixando contidos de Internet?
-Os usuarios poderán seguir baixando contidos web mediante as redes de intercambio P2P, ás que non lles afecta a nova lei. Intentar acabar con aplicaciones como eMule, Ares o Bit Torrent sería moi complicado desde a lexislación española, posto que a maioría dos servidores son estranxeiros.

Sitios como Megaupload ou Rapidshare (contas gratuítas de disco duro virtual) están nunha situación moi parecida á dos programas de intercambio de ficheiros P2P. Nestes servidores poden aloxarse contidos con dereitos reservados de propiedade, o cal non é ilegal: o que sí é ilegal é compartir os links a eses contidos. O único que se pode facer, do mesmo modo que en webs coma YouTube, é solicitar que se retire determinado contido protexido por dereitos de autor.

Páxinas que utilicei:
http://alt1040.com/2011/01/que-es-la-ley-sinde
http://www.elpais.com/articulo/tecnologia/Preguntas/respuestas/ley/Sinde/elpeputec/20101220elpeputec_6/Tes