Tragamóvil: se che toca tirar o móbil vello…

Buscando lugares a onde levarvos este ano aos de 3º para tratar a unidade de Plásticos e á vez o concepto da reciclaxe, atopei esta iniciativa que se chama Tragamóvil. Na páxina podedes ver un pequeno vídeo onde se ilustra como reciclan nesta empresa os móbiles usados, e ademáis propóñensevos actividades varias para xogar e sensibilizarvos co concepto da reciclaxe.

Segundo especifica a propia páxina, “a Fundación TRAGAMÓVIL foi constituída en 2003 polos principais fabricantes de telefonía móbil, conscientes da necesidade de idear unha solución específica que permitise recoller selectivamente e reciclar un dos fluxos de residuos con maior crecemento nos últimos anos, o dos teléfonos móbiles.”

Ata o 90% dos componentes dun teléfono móbil son reciclables, daí a importancia de concienciar aos millóns de usuarios desta telefonía para que contribúan ao reciclado dos terminais vellos depositándoos nos lugares adecuados.