Francachadonia

Este curso o alumnado da Sección Bilingüe de 3º da ESO realizou unha viaxe de estudos a París-Lille-Bruselas que foi organizada entre todos a traveso das ferramentas do Google Docs. Durante moitos, moitos martes (…) quedamos eles, Berta e eu a realizar os proxectos (investigar áreas francófonas no tocante a cultura, accesibilidade, interese…) e expoñelos, para finalmente deseñar por completo a viaxe. Déixovos aquí unha presentación de como se organizou toda a actividade, e un pequeno vídeo dos preparativos. En breve penduraremos o vídeo da viaxe!!

Presentación de Rodaxe en Boiro

Rodaxe, o taller audiovisual ó que pertenzo e no que vou aprendendo a montar os vídeos cos que logo traballamos, preséntase o martes 8 de xuño no Centro Social de Boiro, ás oito da tarde. No mesmo acto, explicaremos como funcionou o Concurso OlloBoi, ao cal enviamos o vídeo O Reversador que gravamos in extremis hai unhas semanas…

Vide á presentación, escoitade o que se fai no Barbanza no eido audiovisual e gañade unha camiseta!

Licenza creative commons

Creative Commons License
NETrezade by Ana Moreiras is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Permissions beyond the scope of this license may be available at www.moreiras.blogaliza.org.

Creative Commons License
Cachatronic by Ana Moreiras is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Cada vez que publiquedes algo, tedes que respectar a autoría orixinal: se usades músicas ou imaxes, hai que citalas ben ou pedir permiso. Hoxendía en educación téndese a publicar os contidos orixinais baixo licenza Creative Commons, ou sexa: gratuíta e pública. Na páxina de Creative tedes o formulario que cubrir para estes casos; eu acabo de pendurar o traballo que fixen durante o permiso por estudos, o NETrezade, así como este mesmo blog. Compartindo educamos mellor!!