Casas intelixentes

Agora que xa aprendestes un montón sobre instalacións do fogar, recoméndovos que vexades de novo aquelas animacións sobre domótica e vivendas intelixentes que quitamos de Eroski.es

Na mesma liña, podedes consultar este interesante artigo de Repsol.com, onde se insiste na importancia que hoxendía tén preocuparse pola sostenibilidade nas vivendas, concepto que vai máis aló de mercar lámpadas de baixo consumo, preocuparse pola eficiencia enerxética dos electrodomésticos ou empregar de forma eficiente o aire acondicionado. En efecto, cada vez resulta máis habitual escoitar termos como bioconstrución: trátase de casas cuxas técnicas de construción implican un menor uso de materiais contaminantes, contemplando unha redución do consumo enerxético e de auga e unha adecuación ás condiciones bioclimáticas da zona onde se ubiquen .

Hoxendía, o obxectivo é ter vivendas autosuficientes en termos enerxéticos. Entre os sistemas que máis se recomendan, destacan a enerxía solar fotovoltaica, a xeotermia, o emprego de biogás ou biomasa e, en caso de que sexa posible, plantas mini-eólicas.

Feira de artesanía

Eis aquí tódolos murais que entregastes, e si, xa temos gañador!!! O Departamento de Tecnoloxía outorga o súper-premio de murais da I Feira de Artesanía da Cachada a…

Nuria, Cristina e Carme de 2º D!!!

Houbo varios moi bos, foi difícil; aínda estou pensándome conceder un accesit a outro que nos gustou bastante…

Power Balance, a pulsera do “equilibrio”: unha estafa



… pois si, queridos amigos: como vos dicía en Francia, todo isto é un fraude.

A pulsera Power Balance, en cuxa publicidade se indica que proporciona “equilibrio e relax”, axudando ao benestar e mellorando así a condición física de quen a leva, empezou a comercializarse en España hai un ano e causou furor, como se desprende dos máis de 300 000 exemplares vendidos ata agora, principalmente no eido dos deportes de vela e surf.

Un estudo da Facultade de Ciencias de Madrid demostra que esta pulsera non tén absolutamente ningún efecto sobre o portador, así como tampouco se lle observa placebo; por isto, a Dirección Xeral de Consumo, dependiente do Ministerio de Sanidade e Política Social, acaba de  presentar unha denuncia ante a Policía Xudicial por supuesto delito de estafa contra Rod Artwin, a empresa con sé en Leioa (Vizcaya) distribuidora das pulseras holográficas ou “do equilibrio” da marca EFX.

O dito naquel momento, xunto ao Atomium: deixade as cuestións de fé para os misterios bíblicos…

Fonte: El pais.com

O eyeborg

Neil Harbisson é unha das 33000 persoas no mundo que padecen acromatopsia, unha enfermidade hereditaria e sen cura que non permite ao doente apreciar as cores, só o branco e negro. A ciencia acudiu á súa axuda da man do profesor de cibernética Adam Montandon, experto en técnicas para expandir os sentidos a través da tecnoloxía, quen fabricou para Harbisson un ollo cibernético ou eyeborg, capaz de convertir as cores en frecuencias sonoras. Esta nova percepción do seu entorno levouno a combinar  a súa pasión pola música e as artes plásticas nunha serie de obras, que agora se exhiben no Espai Tramart de Barcelona, reunidas na exposición Sinfonía de colores.

“Eu non vexo as cores, escóitoas; o meu  eyeborg converte cada cor e matiz nunha nota musical, así que para min a percepción da  cor é unha experiencia sonora e non visual”, explica Harbisson, que dende marzo de 2004 non se separa nunca da súa prótesie cibernética, un pequeno aparato formado por un sensor e un auricular que pendura da fronte do artista. El sensor envía a información a un ordenador, dotado dun programa que converte as ondas electromagnéticas da luz en frecuencias musicais, que Harbisson interpreta como unha escala de colores. “Ao principio adiqueime a compoñer música con cores en vez de partituras. Logo empecei a realizar representacións pictóricas das propias composicins musicais e finalmente centreime en retratos sonoros, é dicir, en pintar o son dos rostros”, explica Harbisson.

Fonte: El Pais.com

Feira de Artesanía na Cachada

Nas Letras Galegas deste ano aproveitamos a excusa que Novoneyra nos dá para revisar os oficios da terra, aludindo á importancia que el daba á vivencia desta na tradición cultural galaica.

Cesteiros, zoqueiros, oleiros, ferreiros, canteiros conforman entre outros o panorama artesanal actual, e de entre eles atopamos a uns cantos que accederon a vir facer unha pequena mostra do seu traballo ó insti, o vindeiro venres 14 de maio, de 12:35 a 14:15. Organizados en pequenos postos, a modo dun mercado tradicional, amosarán a súa arte para que alumnado e profesorado nos acheguemos a ese interesante mundo.

Tralo recreo, cada grupo de alumnos acudirá ao patio acompañado do seu profesor, onde terá lugar unha exhibición de afiador-paragüeiro, o oficio ambulante por excelencia, moi característico de Ourense; os afiadores ían polos lugares máis afastados da súa aldea ofrecendo os seus servicios. Coma noutros oficios, crearon unha linguaxe peculiar e propia, o chamado barallete. Levaban un asubío xeralmente feito de madeira de buxo que facían soar co seu tan coñecido pregón: “¡Afiador e paraugueiro…!! “ A partires dun número que triunfou nos teatros galegos, o actor Pepe Penabade achegaranos o singular mundo dos oficios e as xergas dos mesmos.

Logo do espectáculo do afiador, poderemos achegarnos pequenos postos onde cada artesán amosará os pormenores do seu oficio: un vidrieiro, un ceramista (Unzueta), unha orfebre (Elena), un carpinteiro de ribeira (de Asteleiros Losada), un traballador do coiro (Fer)  e un luthier tradicional (Nebra), serán os encargados de nos amosar como se traballaba nos seus oficios antigamente.

Para ambientar a mostra, no valado que rodea as pistas estarán pendurados murais sobre os oficios artesanais que elaborarou o alumnado de 2º da ESO.

O Reversador

Os alumnos que forman parte da Sección Bilingüe da Cachada xunto a Erik e Óscar de 2º B presentáronse voluntarios para elaborar este pequeno vídeo co que participamos no II Concurso Audiovisual OlloMol. Non sei se recoñeceredes á repoluda profesora da segunda parte do vídeo, pero en todo caso… grazas a todos por participar, tanto co guión como coa interpretación! Para o ano, se podemos, faremos algún obradoiro que dure todo o curso.

E agora, entrade na páxina do concurso, visualizade os traballos da outra xente e votade. Podedes gañar varios premios!!