Para meditar…

Nesta era dos Megatransportes, un feito imponderable coma o estalido dun volcán detén o ritmo de media Europa. Non deberamos replantexarnos sistema actual de transportes? Como agravante: a contaminación. Na seguinte figura podes ver canto contaminou o volcán ata agora, e canto o fan os avións diariamente…

Enredados nas Novas Tecnoloxías

A aplicación das novas tecnoloxías (TIC) ás nosas rutinas fai que se produzan cambios que hai tan só unha década eran impensables, e para os que xa temos unha idade (vós talvez non o notedes tanto) mesmo semella que comezamos a vivir nunha película de ciencia ficción.

Para adaptarnos aos formatos de imaxe 3D, empezaron a comercializarse xa os novos dispositivos de TV: pantallas, reproductores de vídeo dixital 3D, gafas polarizadas e adaptadores de cable. En EEUU varias canles xa emiten integramente en 3D eventos deportivos, documentais e cine. Prevese que en España empece a acontecer en menos dun ano. Como será o Barça-Madrid cando poidamos case tocar a Iniesta mentras regatea?

En canto ós ordenadores ultraportátiles lixeiros, inaugúrase a era dos Smartbooks; combinarán os procesadores de datos dos netbooks (miniportátiles) xunto aos sistemas de transmisión de datos dos teléfonos intelixentes ou smartphones. Ipad xa utiliza ese sistema, e está prevista a comercialización de 163 millóns de aparatos deste estilo para o 2015.

Polo que se refire á captura de imaxe e vídeo, continúa o proceso de compactación de equipos. Sucedendo ás cámaras reflex (DSLR), herdeiras dixitais da calidade analóxica, aparecen as novas cámaras compactas avanzadas tres cuartos. Unha solución lixeira e compacta de nivel profesional, superior (aínda que algo máis cara) á das cámaras compactas convencionais que xa todos temos na casa.

Tamén cambiou a reprodución de son? A era do MP3 está a piques de quedar obsoleta, sendo como é agora accesible internet desde case calquera punto. O streaming, as emisoras dixitais, as tendas online comparten espazo cos novos dispositivos físicos de audio: o MP9, o universo iPod…  Entre tanto, cada vez é máis habitual recurrir á rede como fonte de datos sobre música, cine ou literatura: a biblia do audio para moitos é All Music, unha base de datos onde atopar calquera información sobre case calquera grupo de música. Paralelamente, FilmAffinity como rede social para informarse e opinar sobre cine, ou Amazon como librería virtual, son algúns dos exemplos da mediación das TIC nos nosos hábitos de ocio.

E como pagar todo isto? vía móbil, claro está. Hai tempo que se poden facer transaccións a traverso de plataformas diversas, aínda que as comisións e a inseguridade disuadiron a moitos de intentalo. Agora, cos novos móbiles conectados a internet será máis seguro e sinxelo realizar pagos a traverso de sms premium, PayPal móbil ou tarxetas de prepago virtual.

Fonte: Eroski.com