Memorias técnicas

Na páxina de proxectos de 2º da ESO e na de 3º da ESO (BASTANTE PEOOOR!!!) están xa penduradas as memorias que fixestes, atendendo aos criterios que tedes na sección de contidos de 2º e 3º da ESO.

Aproveitando que o grupo de Maitane, Nuria, Lorena e Elena, de 2º A, nola compartiu en formato pdf , déixovola aquí publicada dende Issuu para que a vexades. Está francamente ben!

Agardo que na 3ª avaliación sallan todas aínda mellor, e sobre todo… que as fagades en formato documento de texto e incluades algunha fotiño máis do proceso de traballo. Pero para ser as primeiras que facedes… felicitacións!!!  (De 3º só hai dous grupos que felicitar, e xa o dixen nas aulas)

Unha semaniña de descanso…

Traballastes moito esta avaliación (á vista está nos vosos traballos, que pendurei no Cachatronic), e merecedes un descansiño. Sempre se recomenda saír e disfrutar da primavera que nos entrou este mes, pero por se o tempo non nos deixa… por que non probades a enredar con Xtranormal ou Goanimate? Trátase de programas moi sinxelos de animación; o primeiro transforma texto a voz e o segundo, do que vos deixo un exemplo, funciona con viñetas. Abonda con que vos rexistredes, e logo a xogar: escoller escenarios e personaxes (só 2 con Xtranormal), e ir configurando a acción, paso a paso. O rexistro é moi rápido e gratuíto (aínda que os dous teñen unha versión Premium moito máis chula).  Animádevos!

Por certo: déixovos a folla de cálculo coas vosas notas, por se houbera dúbidas. Ata a volta!!


GoAnimate.com, Aventuras de Merda 5 by Pascual