TRABALLOS SEGUNDA AVALIACIÓN!

Rapaces! urxe que lembredes que:

  1. O luns vindeiro (1 de marzo) remata o prazo, a primeira hora, para me enviardes os Docs sobre “Estruturas e Esforzos en Boiro”. Escribide no asunto da mensaxe o nome dos integrantes do grupo.
  2. O 8 de marzo comezan as exposicións sobre MADEIRA e METAIS.
  3. Co traballo de taller debe aparecer unha memoria técnica, un Google Docs que contén as consideracións previas, análise, bosquexos, planos, follas de proceso, orzamento e avaliación de resultados, segundo podedes ver nesta entrada.

Os Cachadinsky

Aquí vos deixo o que gravamos buscando crebas e máis o día dos cascos; na páxina dos Crebinsky podedes ver de qué vai toda esta comedia (recoméndovos entrar e ver o trailer!!), e acceder dende ela ao Facebook Crebinsky, onde está pendurado o noso vídeo. Que por certo, lles gustou ao director (Enrique Otero) e máis ao guionista e protagonista (Miguel de Lira).

E noraboa aos premiados polo casco!!!

Arquitectura con crebas

Propóñovos como proxecto para o tema de Estruturas que realicedes con crebas de Praia Barraña unha réplica de algún dos edificios máis emblemáticos do mundo. Para isto suxírovos que consultedes un dos seguintes enlaces:

Obras de Frank Gehry, Le Corbusier, Frank Lloyd Wright, Mies van der Rohe, Norman Foster; podedes coñecer tamén algo sobre historia da Arquitectura; en Millarium.com tedes un completísimo listado con fotos e detalles sobre os edificios máis notables da Historia da Humanidade; tamén unha presentación sobre as 12 pontes máis impresionantes; ou consultar os 50 edificios máis incribles do mundo: entrega 1, entrega 2, entrega 3, entrega 4, entrega 5. Na seguinte presentación tedes algún deses edificios:

E de ruta pola praia, a recoller as crebas máis axeitadas para o proxecto!! Cos proxectos máis chulos faremos unha presentación que enviaremos a que nos publiquen os Crebinsky!

Ironman

Aquí vos deixo un vídeo de cómo se fixo con Photoshop CS e unha táboa dixital wacom intuos 4 un debuxo de Ironman. A técnica usada é o speed painting: gravar en vídeo todo o proceso e comprimilo para velo logo nun clip de curta duración. O tempo de traballo: 6 horas.
Ánimo, deseñadores!