E coma quen di, empezando o curso…

En fin, para os que sodes novos… o ano pasado comezamos facendo unha pequena proba tecnolóxica: como chimpar un ovo dende a fiestra da aula sen que escachase no chan. Houbo de todo, pero aquí vos deixo un vídeo que gravamos en 3ºC, e que lle debo a Castaño…
E non pensedes que para este ano non hai sorpresa!! 😀

A guerra dos ultraportátiles

Precisamente estes días estivemos falando en clase dos ultraportátiles e os netbooks. No boletín desta semana de Eroski aparece un interesante artigo sobre o avance dos primitivos ultraportátiles, polos que marcas como Acer ou Asus optaron hai uns anos, con software baseado en aplicacións libres de Linux.

A demanda destes dispositivos por parte do mercado (son lixeiros e aptos para viaxar, versátiles -as súas aplicacións de ofimática e edición de imaxe e audio son competitivas, con batería duradeira), fixo que primeiro, outras marcas entrasen en competencia (Nokia, Toshiba, HP…), e, paralelamente, novos sistemas operativos dirixidos especificamente a estes dispositivos se desenvolvesen: unha versión do Windows 7 (Starter, máis económica que a licenza habitual), unha de Google (Google Chrome OS, de software gratuíto)…

En definitiva, unha auténtica guerra no mercado de venta dos ultraportátiles…

Pizarras dixitais

– Imagen: Hitachi

Aínda non as temos na Cachada, pero seguro que xa as vistes por aí: son brancas e escríbese nelas cun punteiro electrónico, que permite superpoñer anotacións ao que se está proxectando. Ata aquí son coma as nosas pizarras brancas cando Xabi Bao vos corrixe os exercicios de mates… pero existe unha diferencia fundamental: as anotacións que escribimos na dixital permañecen nela, engádense ao arquivo, o que nos permite modificar os documentos no momento, e logo gardalos.

Deste xeito, xa non teriades que copiar apuntes: os documentos expostos en clase, se cadra alí modificados, compártense nun sitio web (no Cachatronic!!) e poderíades descargalos dende el.

Ademáis, o punteiro xa non só serve para escribir, coma o xiz; agora é un rato que permite abrir enlaces, visitar un sitio web ou ver un vídeo a través do reprodutor multimedia.

Finalmente, estas pizarras teñen ademais un software específico de complemento: ferramentas de debuxo, de cálculo, de edición de vídeo…

Hai moitas marcas que as fabrican: Teamboard,PrometheanMimioeBeamHitachiArques ou Numonics, entre outras, podes ver alí as características das pizarras. En xeral, hai tres tipos de tecnoloxía detrás delas, no manexo do punteiro: pode empregarse o electromagnetismo de xeito que a pizarra detecte o punteiro cada vez que a toque. Outras son sensibles á variación da resistencia eléctrica; neste caso a pizarra dispón de varias capas, a exterior defórmase ao contacto e localiza o lugar exacto onse se pousa punteiro. Un terceiro grupo emprega os campos de infravermellos: cada vez que o punteiro entra en contacto coa superficie da pizarra, rompe o campo nunha zona determinada. Estes raios permiten captar o que se escriba a través de dispositivos externos, similares ó sensor da Wii, e non precisan de ningunha pantalla en especial, senón que funcionan sobre calquera superficie, mesmo as pizarras brancas convencionais.

Baseado nun artigo de Eroski.es