Editores de vídeo online

Imaxe de Leon Suharevsky

Este interesante artigo de Master Newmedia aporta unha comparativa entre distintos editores de vídeo, tanto os de software de instalación  como os de baseados na web.

De entre os primeiros destaca o Windows Movie Maker , o iMovie, o Avid Free DVD, o VideoSpin, o VideoThang, o RichFLV, o Avidemux e o ZS4.

No que a editores online atinxe, suliña o Photobucket, o StashSpace, o MotionBox o JayCut e o Pixorial.

Fotografía dixital

Fonte: engadgets.es

Agora que chega o Nadal e moitos optan por encargar aos Reis nova Tecnoloxía, paréceme interesante achegarvos este interesante monográfico sobre fotografía dixital que inclúe a publicación semanal de Eroski, e na que se vos fala de tipos de cámaras e de como mercalas, se inclúen artigos sobre como realizar boas fotografías (resolución, enfoque, calidade…), sistemas de xestión de imaxes (Flicker, Picassa), impresión e creación de álbumes web, etc.

Non volo perdades!!

A nova xeración de xogos online multixogador é gratuíta


Os xogos de rol online comezaron baixo o sistema abandeirado por World of Warcraft, onde o usuario compraba un soporte óptico ou pagaba pola descarga do xogo, podendo participar con outros xogadores en Internet a cambio dunha cuota mensual. Son os chamados “Xogos en liña masivos e multixogador” (MMOG). Agora chega un novo sistema de distribución de videoxogos masivo onde o acceso é gratuíto para o usuario. Para financialos, as empresas optan por unha dobre vía: a venta de accesorios para os personaxes (que como sabedes evolucionan ao longo do xogo) e o patrocionio de anunciantes.

Algúns exemplos: o Puzzle Pirates , onde o xogador é un pirata que saquea barcos, contaba en decembro de 2008 con catro millóns de usuarios rexistrados; o Free Realms, diseñado para PC e previsto para PlayStation 3, diríxese a un público xove, e congrega actualmente a máis de tres millóns de usuarios. Para todo tipo de públicos, podedes atopar o MapleStory, un xogo MMOG tradicional que causa furor; Runes of Magic, 4Story, onde se enfrontan dous reinos e o xogador debe tomar partido; o Shaiya, que de momento non está traducido ao español e transporta ao xogador a un pasado de ciencia ficción.

– Imaxe: Puzzle Pirates

O mediático Second Life é un xogo que simula a vida real; na mesma liña, o Imvu, céntrase sobre todo no deseño da roupa dos avatares e na relación entre os personaxes.

Non  só os títulos de rol masivos optan pola gratuidade. Así o fan tamén Battlefield Heroes, que permite xogar en primeira ou en terceira persona, e Combat Arms, también de acción.

Máis en Eroski.es