Ti tamén te confundes cos conectores da TV?

Coa proliferación de medios de audio e vídeo dos últimos anos, e a evolución dos aparatos de TV, cada vez é maior o número de conectores, dende os clásicos analóxicos (os tres conectores de cores branca, vermello e marelo) ata os máis sofisticados dixitais.
Este artigo de Eroski clasifica de forma clara e sinxela os diferentes tipos de conexión. Conectores TV, Eroski.com

Ordenador de vestir

Pois si, ese parece ser o futuro da computación. Os ordenadores serán tan pequenos e adaptables, que se incorporarán ás persoas coma un complemento máis: unhas gafas, un peto, unha prolongación, en definitiva, do ser humano.

Combinando cámara, proxector e ordenador, estes equipos servirían para orientarnos no espazo, para almacenar datos da xente, facer e organizar fotos, superpoñer contidos da Rede á realidade (realidade aumentada)…

Un dos modelos máis desenvoltos de computdaoras vestibles é o SixthSense (sexto sentido), do MIT Media Lab. O ordenador manéxase mediante xestos coas mans que son captados pola cámara e interpretados polo ordenador. No seguinte vídeo podes ver algunhas das funcións posibles, aínda en fase prototipo.

Fonte: Microsiervos.com

Da realidade virtual á realidade aumentada

Se fai uns anos se apostaba por crear universos imaxinarios (videoxogos e simuladores) o futuro parece ser a día de hoxe a realidade aumentada: superpoñer ás imaxes reais obxectos virtuais. Na páxina de María L. podes ver varios exemplos de realidade aumentada por ordenador; hoxe no País aparece un interesante artigo onde se fala dos móbiles e a realidade aumentada: con esta nova tecnoloxía, un móbil con gps e acceso a internet serviríanos para visualizar información de calquera obxecto ao que apuntemos coa pantalla do teléfono.
Pero non rematan aí as expectativas: especulan os científicos que nuns anos se creen uns lentes intelixentes que reproducirán realidade aumentada… dende o ollo!
Si: a tecnoloxía do planeta Vexeta está cada vez máis preto!

Parabéns, raposiño

Onte luns 9 de novembro, o Firefox cumpliu cinco anos no mercado. A pesar da súa xuventude, este navegador plantexou cara ao todopoderoso Internet Explorer, rondando hoxe o 30% de cuota.

Ademais, Firefox fíxose cunha sexión de fieis seguidores en todo o mundo, que adoran ó raposo e o seu código aberto e que organizan eventos, festas multitudinarias e colaboran desinteresadamente coa Fundación. É a coñecida “marea vermella” do mundo dos navegadores, que mesmo bateu records Guinnes, coma no ano 2008, cuando o ‘Download Day’ de Firefox 3 superou tódalas expectativas e alcanzou máis de 8 millóns de descargas en tan sólo 24 horas.

Agardamos que iniciativas coma estas sigan prosperando e vos animen a vós a pasarvos á filosofía do código aberto.