Editores de fotografía en liña: con cal quedo?

En Eroski. es preséntannos esta semana un estudo comparativo entre catro servizos online de almacenamento de fotografías. Explican no artigo que o avance da imaxe dixital e os novos dispositivos portátiles, coma os teléfonos móbiles cos que se poden facer fotografías, converteron as plataformas de aloxamento e compartimento de imaxes nun dos servizos máis utilizados. Cobren a necesidade que moitos usuarios teñen dun sitio web para organizar as súas imaxes e amosalas aos seus contactos.

Na seguinte táboa extraída da páxina de Eroski podes ver as características principais dos catro servidores:

comparativa editores fotografia

MID: a medio camiño entre o móbil e o portátil

Trala proliferación de miniportátiles nos últimos dous anos, está previsto que no 2010 se lancen ao mercado varios dispositivos móbiles con mellor conexión á Rede, máis potentes e de maior autonomía.

Os MID (Mobile Internet Device) son a evolución natural do teléfono móbil na súa converxencia co ordenador. Teñen un tamaño superior a un “smartphone”, ou teléfono 3G, pero inferior a un miniportátil. A súa batería durará máis que a dos ordenadores ultraportátiles actuais e precisarán o desenvolvemento de sistemas operativos a medida.


– Imaxe: Nokia

A diferencia dos teléfonos móbiles, estes aparatos están pensados coma un equipo de peto, aínda que outras variantes permiten usos específicos (modelos para emprego dentro de vehículos -como forma de entretemento multimedia para os pasaxeiros, con navegador GPS, sintonización de emisoras de radio e reprodución de MP3 e vídeo-, como soporte para publicidade interactiva en tendas e dispositivos do fogar -despertadores dixitais, electrodomésticos ou teléfonos fixos, etc, todos en rede e sincronizados).

Fonte: Eroski.es, Antonio Delgado

As placas solares do futuro

Dende as primitivas placas solares (dúas láminas de material semicondutor con eficiencias enerxéticas do 8 ao 16%) os expertos prevén evolucionar ata estreitísimas láminas de novos materiais que poderían utilizarse para recubrir edificios, rúas e mesmo coches, alcanzando eficiencias enerxéticas de ata o 93%.

Hoxe fálase de catro xeneracións para referirse á evolución dos paneis solares fotovoltaicos. As actuais células, baseadas en silicio, poderían ser reemplazadas nuns anos por outros materiais e tecnoloxías moi diversas. Persíguese así aumentar a eficiencia enerxética destes dispositivos, abaratar os seus costes de produción e lograr unha gran variedade de aplicacións que finalmente permita competir cos combustibles fósiles ou a enerxía nuclear.

A segunda xeneración de células solares coñécese dende os anos noventa, e baséase en láminas moito máis flexibles e delgadas que as súas predecesoras. Aínda que a súa eficiencia é elevada (entre o 28% e o 30%) o seu elevado coste limítaas hoxe aos sectores aeronáutico e espacial. Prevese que sexan competitivas a partires do ano 2015.

A terceira xeración, que podería comercializarse sobre 2020, melloraría os paneis de láminas delgadas baseándose en novas tecnoloxías (as denominadas de ocos cuánticos, nanotubos de carbono ou nanoestructuras de óxido de titanio con colorante (DSSC)). Con elas poderíase crear unha pintura que recubriría las casas ou as rúas para xerar enerxía, así como tintes para todo tipo de aparellos electrónicos, prendas téxtiles ou coches solares.

A cuarta e última xeración de paneis solares uniría nanopartículas con polímeros para lograr células máis eficientes e baratas. O panel basearíase en varias capas que non só aproveitarían os diferentes tipos de luz, senón tamén o espectro infravermello. A NASA usou xa esta tecnoloxía nas súas misións a Marte.

– Fonte: Eroski.es