Os e-books

Dende hai uns anos veñen aparecendo dispositivos cuxa función é a de servir exclusivamente de libro electrónico. A diferencia das pantallas de ordenador ou pda, estes dispositivos teñen un deseño que imita por completo o libro de papel tradicional: teñen pantallas de dimensións A4, un alto nivel de contraste e son lixeiros e con baixo consumo de enerxía (para permitir lecturas prolongadas sen necesidade de recargas).

Déixovos un enlace a un libro virtual (aquel que pode lerse nun navegador web), e suxírovos unha busca: audiolibros, ou libros con arquivos de son para escoitar á par de ler o libro!

Os avións do futuro

Ola a todos, futuros enxeñeiros!

Hoxe en Público podedes ver unha entrada na sección de Tecnoloxía, sobre os avións que usaremos de cara ao ano 2050; polo pronto, prométennos menos consumo de combustible por persoa (segundo explicou ao diario Francés Le Figaro o resonsable da compañía Airbus, Fabrice Brégier, “Co A380 xa conseguimos que a porcentaxe de combustible consumida por pasaxeiro sexa de tres litros por cada cen kilómetros cando o resto está en catro. O novo A350 conseguirá que esa taxa sexa de dous litros por pasaxeiro”), menos ruído cá un ciclomotor, e voos por enriba da atmósfera que permitan desprazamentos moito máis rápidos.

Preparádevos a un mundo aínda máis rápido, porque no futuro unha viaxe Madrid-Pekín durará unhas dúas horas!

Mercamos un ordenador para a volta ó Insti?

Velaiquí unha das poucas vantaxes de voltar ó instituto: ese material novo que cheira a limpo e nos levará un tempo descubrir para tirar del tódolos proveitos.

Nesta época aumentan moito as ventas de ordenadores, o que por desgraza non baixa os prezos… A cambio, o Instituto de Crédito Oficial (ICO) prorroga o Plan Avanza, co cal che financian un equipo mediante un empréstito a interese 0% de ata 60 cuotas. É dicir: que un portátil de 600 € se pode pagar en 5 anos, en cuotas de 10€ mensuais. Non é unha mala axuda!

Pero… que ordenador comprar? Os equipos de Microsoft estrean sistema operativo, o Windows 7, o vindeiro 22 de outubro. Iso significa que os que tedes un equipo anterior, deberedes pagar unha renovación da licenza. Será esta versión mellor cá do Windows Vista, que tantos problemas trouxo aos usuarios?

Unha alternativa boa, de software non gratuíto, coma o Windows, é Apple e os seus equipos    Mac.  Se sodes afeccionados á música, xa coñeceredes o iTunes e moitos teredes un iPod para escoitar cancións (e poida que ata algún afortunado un móbil iPhone!); como sabedes, o Mac OS é un software moi atractivo, sen virus e moi intuitivo, e ademáis, vén de ser lanzada hai uns días a última versión. Recoméndovos este artigo para achegarvos á realidade Mac, onde aparecen varios titoriais para o uso destes elegantes e eficientes equipos.

E finalmente, aos máis atrevidos e esixentes recoméndolles o software libre: Linux.

A presencia deste sistema en moitas empresas aumenta constantemente pola excelente relación calidade-prezo que se consegue con Linux, un sistema óptimo para a programación e coma o Mac, libre de virus e complicacións varias.

As arquitecturas nas que se pode utilizar Linux son, entre outras, Intel 386-, 486-, Pentium, Pentium Pro, Pentium II/III/IV.

Xogaches moito á consola este verán?

Probablemente estes meses pasados tiveron que berrarche máis dunha vez para que saíses da casa, tan ben que o estabas pasando cos xogos das novas consolas. Isto non é unha novidade (dende que hai consolas hai hostilidade para con elas), a diferencia é que agora xa son tantos os defensores coma os detractores.

Lonxe do que acontecía hai anos, cando o videoxogo era sinalado polos especialistas en saúde como un dos causantes das elevadas taxas de obesidade infantil, xurdiu agora toda unha gama de aparellos destinados ao control da saúde: varios especialistas concluíron que estes entretementos poden favorecer o desenvolvemento de habilidades e destrezas visuais. Consolas como a Wii Fit e EA Sports Active chegaron a recaudar este ano máis de 2.000 millóns de dólares. Agora, incluso en algúns hospitais se utilizan estes xogos para estimular corpo e mente dos pacientes.

Especúlase asemade na repercusión que o uso destas tecnoloxías ten en aspectos psicolóxicos da personalidade: aprendizaxe emocional, desenrolo de capacidades e mellora de memoria; constatouse que os nenos que utilizan videoxogos resolven o cubo de Rubik en menos tiempo que os que non xogan,e non podemos esquecernos dos beneficios que programas como o Brain Training aportan á xente de maior edade.

E como non queremos perder de vista a vertente puramente lúdica, déixovos aquí este vídeo do novo xogo de Harry Potter. Ata onde vemos cine e dende onde “practicamos” cine?

(Fonte: eroski.com)