Memoria Técnica

fcaep9wyccay6hz6nca81vig8ca8qz8p9ca1xx14mcalzwd8ucaarelh1cak3lljecalkcw17can73bjtcat45bo6ca5zh76vcag9x5ejcaimvp3vcax7t1u0ca4ryg99caagpd99

   Lembra que os proxectos da aula taller (calibre,  pulsotrónic) deben levar unha memoria técnica.

  Debe estar feita a ordenador (agás os planos), e está composta polos seguintes documentos:

  • Portada
  • Índice
  • Estudo inicial: problema de partida, proposta de solucións, bosquexo enriquecido (con detalles, medidas, cores…)
  • Planos acoutados
  • Follas de proceso de cada peza/parte do proxecto.
  • Orzamento (folla de cálculo)
  • Avaliación: do produto final e do proceso de traballo (do grupo).
  • Bibliografía e/ou referencias web.

Procesos de fabricación

Directamente da páxina de María L. (que tés nas direccións da marxe), extraio esta aplicación creada no CDP (Centre de développement pédagogique pour la formation générale en science et technologie) na que poderás observar os procedementos de fabricación que vimos en clase (plásticos en 3º e metais en 2º).
Accede a ela dende aquí, e renomea os elementos que se sinalan nos procesos valéndote dun tradutor online.
forxaprocindus.swf