Os blogues voluntarios

O xoves 2 de abril comezamos coas clases voluntarias para confeccionar os vosos propios blogues. Seranvos de utilidade algunhas das seguintes ferramentas:

    -Xestores de fotografías: photopeach, flicker, picassa e  presentacións: slideshare.

    -Editores de xogos: mystudiyo, go animate, son: audacity e vídeo: womble.

    -Edición de wikis educativas: wikispaces.

En todo caso, na wiki ferramentas web poderás atopar as máis interesantes ferramentas, e no seguinte link (tecnoloxiaboiro), un exemplo das cousas que faremos.

TICs A Cachada

 Ánimo e noraboa por ese espírito!! 🙂

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado

Medir o radio da Terra

Para acadar coñecemento ao longo da Historia foi sempre preciso desplegar as máis inimaxinables técnicas; un exemplo é o da determinación do radio da Terra, levado a cabo en Alexandría no s. II a.C. por Eratóstenes a traveso dun sinxelo dispositivo que podes observar no seguinte vídeo.

Poderías dicir como se mede hoxendía o radio dun planeta?

Mecanismos

Agora que vimos algúns mecanismos en clase, accede a esta páxina e resolve as actividades que se che propoñen. Lembra que temos modelos dos mecanismos para que experimentes con eles!

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado