ESTRUTURAS

Para complementar o tema do libro, imos utilizar uns recursos web que nos axudarán a comprender mellor a finalidade e esencia das estruturas.

1. Para que serven as estruturas? Teñen catro funcións principais: soportar pesos, salvar distancias, protexer obxectos e proporcionar rixidez.

2. Esforzos que soportan os elementos que compoñen unha estrutura:  tracción, compresión, flexión, cizallamento, torsión.

3. Elementos fundamentais das estruturas: piares, columnas, vigas, forxados, cimentos, tirantes e arcos.

4. Triangulación:  un xeito de proporcionar rixidez a unha estrutura.

5. Pontes: clasificación.

Agora que xa vimos os conceptos principais, imos resolver uns cantos exercicios sinxelos: proba coas actividades número 2, 5, 6, 8, 9, 12, 14 e 15 do seguinte enlace.

Preparado para unhas experiencias? Propóñovos que, en grupos, realicedes as seguintes: flexión 1 e 3arcoperfís e construción de estruturas trianguladas.

E un reto: que grupo vai poder poñerse sobre a súa propia estrutura?? Premio!!

Tecno

O CALIBRE

Nesta primeira unidade da segunda avaliación, imos aprender a usar un aparato de medida moi preciso, coñecido como calibre ou pé de rei; no seguinte enlace podes ensaiar distintas medicións con 6 diferentes calibres: cada un tén un nonio distinto. Practica con cada pé de rei (tés que pinchar a icona test e ir escribindo os resultados no cadriño branco) e comproba os teus resultados!

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado