Un Nadal menos consumista

null

Daste conta de que cada vez gastamos máis diñeiro en regalos de Nadal? Nunca pensaches ata qué punto se trata dun vicio que nos crean dende as tendas e mercados?
Propóñoche que este Nadal fagas regalos con máis maña, corazón e cerebro, e menos cartos; para isto podes consultar distintas propostas neste enlace.
Ademáis, se traes ou traedes algo para a clase, pode ser que iso supoña un regalo tamén por parte da profesora…   😀

VISITA A PORRIÑO, martes 18 novembro; 3º ESO

Imos ir visitar unha fábrica de plásticos (Playdesa) e un aserradeiro de granitos (Granilouro). Pero… que sabemos destes materiais?

– Comecemos polos plásticos; como aproximación a este tema, podes consultar esta ligazón de Pilar Latorre; nela aprenderás as características principais dos mesmos.

– E agora falemos de granitos; sabes a que tipo de pétreos pertencen? consulta esta presentación feita por unha alumna de 3º da ESO e aprende algo sobre os materiais de construción.

View SlideShare presentation or Upload your own.

  

Agora xa estamos preparados para a visita; lembras o que tés que facer?? Repasemos: en grupos de 3 ou 4 persoas, debedes:

– Tomar fotografías e, se é posible, vídeos. Con estes últimos, elaboraremos na 2ª avaliación un documental sobre a fabricación de plásticos.

– Atender ás explicacións dos guías para responder as cuestións que se che plantexan aquí.

E imos co traballo final: coas fotografías e as respostas anteriores, debedes confeccionar unha presentación en google.docs que enviaredes a este blog como comentario. Non esquezades asinalo!! Lembrade que parte da nota se asigna á exposición desta presentación. Ánimo, a ver quen é mellor periodista!!

View SlideShare presentation or Upload your own.
Publicado en Sen categorizar | Etiquetado

Electricidade I para 3º ESO

Nesta 1ª avaliación imos facer un repaso dos vosos coñecementos de electricidade do curso pasado, realizar cálculos baseados na lei de Ohm, e traballar no taller con dúas sinxelas prácticas das que vos achegarei instrucións detalladas en breve. Pero comecemos…

  • Electróns en movemento: lidos os 5 apartados, a ver a quen corresponde o positivo por ser o máis rápido coas actividades…
  • Repasamos agora as magnitudes eléctricas; lede tódolos apartados agás Enerxía e Potencia, resolvede as actividades finais (si, aquí tamén hai premio…) e entregádeme o cuestionario que vos achegarei.
  • Vexamos agora que tal se nos dá o cálculo de magnitudes en diversos circuítos básicos… novamente debedes entregarme as preguntas que vos entregarei, e resolver online as actividades que propón a autora da páxina coa que traballamos (María Loureiro).
  • E finalmente, estudaremos os compoñentes dun circuíto; non esquezades pedir e cubrir o cuestionario, e xogar coas actividades finais.
Publicado en Sen categorizar | Etiquetado

Coñecendo o noso ordenador

A miúdo se di que, historicamente, vivimos nunha nova era: a Era da Informática. Os ordenadores empréganse en tódolos sitios: nos transportes, nos nosos fogares, nos centros de traballo e estudo…. Xa sexa para organizar o traballo xa para desfrutar do ocio (xogos, descarga de música e películas, chat, edición e publicación de fotografías, internet…), a nosa vida hoxe é inconcibible sen un ordenador. Pero, sabemos realmente como funciona?

En liñas xerais, podemos considerar que un ordenador é unha máquina electrónica equipada con memoria e programas (CPU) para xestionar unha información de entrada e obter uns datos de saída.

Pídeme o cuestionario desta unidade, e vaino cumprimentando mentres exploras nos apartados da seguinte páxina: como funciona o ordenador, hardware, software e curiosidades.

Se es alumno de 3º, debes ler tamén o capítulo Viaxe dende o teclado ao monitor.

E para rematarmos, para alumnado de 2º e 3º, unhas actividades interactivas… quen levará o positivo desta volta?

Actividades de expresión gráfica, para 2º ESO

  • Para comezar, imos ver unha presentación (en castelán) que nos refrescará todo o que aprendimos na clase; fixádevos ben nela e realizade as actividades. A ver quen obtén máis puntuación!!
  • Para completar o tema de vistas, propóñovos que intentedes obter as que aparecen aquí; cando rematedes (sen trampas!!), podedes comprobar por vós mesmos que as solucionastes ben nesta páxina. Unha mellora que vos axudará: facede sempre as liñas auxiliares, con liña fina e continua.
  • Agora, unhas actividades interactivas para practicar. Positivo a quen as faga máis rápido, con máis acertos!! 
  • CAD en 2D: imos aprender a facer planos en dúas dimensións cun programa de deseño asisitido por ordenador (CAD, Computering Aid Design); para isto, faremos o “ovo máxico”, actividade do libro (páxina 144). Necesitas descargar o programa DibuGeo, que se atopa no seguinte link. Imos aló!
  • E para rematar o tema, quen se atreve con este Tetris 3D?
Publicado en Sen categorizar | Etiquetado